Vamos a empezar traballando un bloque de Ciencias da Natureza que sempre gusta moito a tódolos nen@s: "Os seres vivos", concretamente centrarémonos nos animais e nas plantas, tal y como consta no currículo deste curso.
O proxecto está programado cunha duración de 5 semanas, polo tanto, durará ata finais de outubro.
Neste
proxecto estudaremos:
-
Diferenza entre seres vivos e inertes.
-
Identificación de animais e plantas como seres vivos. Funcións vitais:
nutrición, relación e reprodución.
- Os
animais vertebrados: mamíferos, aves, réptiles, peixes, anfibios.
Características.
- Os
animais invertebrados: insectos, arácnidos, crustáceos, esponxas, medusas,
equinodermos, vermes, moluscos. Características.
- As plantas:
partes das plantas. Funcións vitais das plantas.
-
Clasificación das plantas: herbas, arbustos, árbores.
- Guías
de animais e plantas para a clasificación e identificación dalgunhas especies
existentes en Galicia.
-
Biodiversidade e interese pola súa conservación
Os
alumnos/as poden traer a aula todo tipo de material (libros, debuxos, revistas,
vídeos, imaxes, maquetas, figuras de animais, manualidades...) que as
familias estimedes oportuno. Todos os materiais serán devoltos cando finalice o
proxecto. Asimesmo, se algún pai ou nai é especialista ou lle gusta algunha
temática relacionada co proxecto pode vir a aula e darnos unha charla ou
exposición ou facer un taller.
A
colaboración das familias é importantísima. Non se
trata soamente de ensinar contidos, senón de que os nenos/as sintan interese
por aprender e que eles mesmos investiguen e sexan os protagonistas do seu
propio aprendizaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario