MATEMÁTICAS. PRIMEIRO TRIMESTRE
Ao longo deste primeiro trimestre de curso traballaremos os seguintes contidos, tal y como consta no currículo desta asignatura:
- Números naturais ata o 10.000
- Nome e grafía dos números ata o 10.000
- Equivalencias entre os elementos do sistema de numeración decimal (U, D, C, UM, DM)
- Identificación do número anterior e o seguinte a un dado
- Redondeo de números naturais ás decenas, centenas e millares
- Operacións con números naturais: suma, resta, multiplicación e introducción a división enteira por un número dunha cifra
- A multiplicación como suma de sumandos iguais e viceversa
- Construcción e memorización das táboas de multiplicar
- Identificación e uso dos termos propios da multiplicación
- Identificación e uso dos termos propios da división
- Utilización en contextos reais da división para repartir e para agrupar
- Proa da división
- Utilización da calculadora
- Elaboración e uso de estratexias de cálculo mental
- Resolución de problemas da vida cotiá.
Nesta asignatura vamos a facer fincapé en estratexias de cálculo mental básico, moi importantes para a vida cotiá., así como na resolución de problemas en situacións contextualizadas.
Utilizaremos moito a pizarra branca individual, xa que as clases serán eminentemente activas, é dicir, que a maior parte das veces faremos os exercicios todos a vez de maneira que os nenos/as daranse conta dos erros que comenten ao momento, e a explicación dos mesmos tamén será nese mesmo instante, fomentando así a interiorización dos contidos.
No ámbito da aula sacaráselle importancia aos erros, xa que os erros forman parte da aprendizaxe, e premiaranse os acertos.
Cando leven algún exercicio para facer na casa, é necesario que as familias os supervisedes e, se non está correcto, lles axudedes a conseguir a solución axeitada. É importante que os nenos/as teñan unha explicación no momento que cometen o erro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario