Xa coñecemos unha nova aplicación "Thinglink". Estivemos estudando a ubicación dos diferentes océanos e continentes do noso planeta con axuda desta app. Para iso descargamos unha imaxe dun planisferio mudo e, grazas a esta aplicación, puxemos os nomes de tódolos océanos e continentes. Dividímonos en 6 grupos porque dispoñemos de 6 tablets. Fixéronlo moi ben!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario