domingo, 22 de noviembre de 2015

A MIÑA PRIMEIRA VIAXE AO SISTEMA SOLAR

Relacionado co sistema solar fixemos unha actividade en equipos para cuxo produto final sería necesario aportar o traballo de todos eles.
Axudámonos de tablets na aula para ler un libro on line "A miña primeira viaxe ao sistema solar", da editorial weeble. Nel contan a experiencia de Álvaro, un neno que atopa un extraterrestre e decide dar unha volta na súa nave espacial para coñecer o noso sistema solar. É así como van aparecendo as características de tódolos planetas. Toda a información de cada planeta debe ser resumida para escribir nunhas líneas as ideas principais debidamente estructuradas. Cada equipo elabora planetas diferentes e, ao final, todos son expostos no noso mural da aula.

Como podedes ver, é unha actividade de ciencias sociais relacionada con lingua, na que traballamos estándares de aprendizaxe das dúas materias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario