sábado, 21 de noviembre de 2015

PRESENTACIÓN PROXECTO: O MUNDO QUE NOS RODEA

Neste novo proxecto traballaremos:

- O Sistema Solar: Sol e planetas
- A Terra e a Lúa
- Movementos da Terra e a Lúa:  estacións do ano, día/noite
- Capas da Terra. Formación dun volcán
- Formas de representar a Terra: planos, mapas, planisferios, globos terráqueos
- Cartografía
- Orientación no espazo. Técnicas de orientación
- A atmosfera. Fenómenos atmosféricos. Tempo atmosférico
- O clima. Grandes zonas climáticas
- Paisaxe

Este proxecto, debido a  amplitude, estenderase ata mediados do mes de xaneiro.

Calquera material en relación ao mesmo (libros, manualidades…) pódense traer a aula. Asimesmo, se algunha familia se anima a facer na aula algún taller ou dar alguna charla relacionada coa temática, estaríamos encantados (taller de plástica, por exemplo).

Xa empezamos cunha actividade de orientación no espazo, con axuda do profe de Educación Física, Manu. Estalles encantando e, como colofón  final, faremos unha carreira de orientación nas inmediacións do colexio (en decembro) e no Parque de Castrelos (en xaneiro). A orientación é un aspecto moi importante que axuda a desenvolver moitos outros procesos cognitivos do nen@.

Tamén leeremos un par de libros relacionados co espazo en formato on line, grazas a diversas tablets que nos prestarán e coas que realizaremos varias actividades en grupo.

Ademais, visitaremos Naturnova e realizaremos un taller "A Lúa e os planetas" que nos axudará moito na explicación desta temática.

No hay comentarios:

Publicar un comentario